Meira presenta o seu programa de Nadal
Meira recibe un ano máis o Nadal por todo o alto e cun programa de actividades que xa se abriu coas actividades de ACEA Meira coa apertura do concurso de decoración.
Eta fin de semana incluiuse no programa o último acto dos organizados con motivo do aniversario de Avelino Díaz, como a charla coloquio de César Camoira o sábado.
Tamén hoxe domingo terán lugar algunhas actividades festivas como o mercado benéfico que se organizou con motivo da feira.
O sábado 17 continuarán as actividades coa celebración do concerto solidario de Nadal a cargo da Escola de Música local, actuación coa que se pretende recoller alimentos para Cáritas. A actuación será ás 21.o0o horas na casa da cultura con entrada de balde ata completar aforo.
O domingo 17 está previsto celebrar unha nova concentración en contra dos macroeólicos e pola tarde terá lugar unha gala benéfica pro Adriana e a asociació CTNNB1 organizada polas anpas do CEIP Poeta Avelino Díaz e o IES Pedregal de Irimia.
O día 22 haberá chocolatada, sobre ás 22.00 horas no Cabanós, organizada pola confraría Nosa Señora do Pedregal.
Meira contará este ano novamente cun belén vivente e coa cabalgata tradicional como actos centrais da celebración das festas de Nadal, organizadas en colaboración coa anpa do colexio e a confraría local.
O belén vivente terá as súas representacións os días 25 de decembro e o 6 de xaneiro, como todos os anos na igrexa de Santa María ás 13.00 horas. Formarán parte deste belén os rapaces do colexio, que encarnarán as diferentes personaxes do nacemento, que volverá ter unha temática que unirá a todos. O día de Nadal será feira tamén en Meira.
Ademais, o día 5 de xaneiro terá lugar de nova a cabalgata de Reis, que sairá pola tarde dende a praza do Concello e paseasará polas rúas de Meira ata o pavillón, onde os Reis Magos se sumarán á festa que se organiza para poder recoller as cartas dos pequenos e escoitar as súas peticións.
Como todos os anos, os Reis percorrerán o camiño ata o pavillón sobre as súas carrozas.
Completa a programación o día 30, ás 20.30 horas, o concerto de Nadal da banda de música de Meira na casa da cultura.