Meira proxecta o documental 'Aurora' para pechar o ciclo Mestre Mateo

A Asociación Cultural M de Meira organiza para o mércores 20 de agosto, ás 21:30 horas, a derradeira sesión do Ciclo Mestre Mateo deste ano, que terá lugar na Casa da Cultura de Meira. A proxección escollida para poñer o punto final é o documental Aurora, dirixido por Area Erina.
A peza narra a relación entre Aurora e a propia directora, dúas mulleres de mundos moi distintos e con unha grande diferenza xeracional, que constrúen un vínculo de confianza e intimidade a través de conversas profundas sobre a morte, a familia, a guerra e o papel da muller.
O filme chega a Meira tras ser seleccionado como candidato ao premio de Mellor Documental nos XXIII Premios Mestre Mateo.