Meira recibirá ao Ano Novo cun concerto moi especial
O Centro de Meira será o escenario dunha noite de música e celebración este 1 de xaneiro de 2025, a partir da 01:30 horas. A banda Sálvese Quien Pueda ofrecerá un concerto especial con cancións propias e versións para dar a benvida ao novo ano.
O evento promete ser unha oportunidade única para gozar dunha experiencia musical en directo e comezar o 2025 coa mellor enerxía. Toda a comunidade está convidada a asistir e celebrar este novo comezo ao ritmo da música.
A programación de Nadal en Meira continuará o sábado 4 de xaneiro con dous concertos de Abraham Cupeiro, ás 18:00 e ás 20:00 horas na igrexa de Meira, con entradas dispoñibles na oficina de turismo.
O domingo 5 de xaneiro, a tradicional Cabalgata de Reis sairá ás 17:00 horas desde a praza do Concello ata o pavillón municipal de deportes. Por último, o sábado 11 de xaneiro, a casa da cultura acollerá a obra teatral Prefiro que me condenen de Margarita Ledo.
A estrela do Nadal será novamente o belén vivente que se celebrará novamente o día de Reis a cargo dos rapaces do colexio.