Meira recupera as grandes citas co San Xoán e as comuñóns
Meira recuperará este verán a maior parte das súas citas anuais e comezarán por celebrar o día 19 de xuño as tradicionais comuñóns e novamente volverá haber alfombras florais para comemorar dito evento.
Os integrantes da confraría Nosa Señora do Pedregal de Meira, así como os pais dos pequenos da zona e máis voluntarios do municipio, colocarán as súas alfombras florais na praza do Concello e na praza do Convento. Nesta xornada na que fan as comunións os nenos da localidade, aproveitan para facer a procesión polas alfombras, e unha ofrenda nun pequeno altar.
Ademais, recupérase tamén este ano a celebración do San Xoán, na tarde noite do día 23. A partir das 20.00 horas os veciños da localidade están invigados a degustar unha sardiñada e unha torreznada que se celebrará na praza Maior, animados pola músioca do grupo Loubán. A fogueiras serán novamente as protagonistas desta celebración.
O concelleiro de cultura de Meira, Agustín Méndez, anunciou que moitas das grandes celebracións do verán volverán, como a xira, as festas patronais e mesmo a carreira popular, programada esta para o día 13. Aínda están a traballar na listaxe de eventos que se celebrarán atendendo á seguridade sanitaria. e as limitacións económicas.