Meira recupera o xantar na ruta de sendeirismo Miño-Eo, que se fará o 8 de maio

TerraChaXa
Tras dous anos de parón pola covid, o Concello de Meira volverá celebrar este ano a Ruta de Sendeirismo Miño-Eo, o domingo 8 de maio.
ruta sendeirismo mino eo portada
27 Apr 2022

O Concello de Meira celebrará o domingo 8 de maio a Ruta de Sendeirismo Miño-Eo, que terá lugar cun percorrido de 20 quilómetros de dificultade media-alta e inclúe de novo o almorzo, unha incorporación de última hora na programación.

Esta dará como ás 8.30 horas coa saída diante da igrexa. Pararase en Espido, tras percorrer nove quilómetros, onde se fará o almorzo. O final da ruta estará no Estreito, sobre as 14.00 horas, cando se fará o xantar.

A organización decidiu entregar unha cantimplora a cada participante ao comezo da ruta co obxectivo de xerar menos residuos e menos plásticos. Ademais, recomendan o uso de chaleco reflectante.

Cun prezo de 15 euros, o prazo de inscrición remata o 1 de maio e ten que facerse na Oficina de Turismo, no Concello ou nos teléfonos 618 679 632 ou 982 330 102. Tamén pode usarse a vía electrónico no correo turismo@concellodemeira.com.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.2038950920105