Meira repetirá este sábado o seu tradicional belén vivente
TerraChaXa
Meira contará este sábado novamente cun belén vivente logo de celebrar a cabalgata tradicional esta tarde como actos centrais da celebración das festas de Nadal, organizadas en colaboración coa ANPA do colexio e a confraría local.
5 Xan 2024

O belén vivente tivo a súa primeira representación o 25 de decembro, como todos os anos na igrexa de Santa María ás 13.00 horas. Forman parte deste belén os rapaces do colexio, que encarnan as diferentes personaxes do nacemento, que volve ter unha temática que unirá a todos.
Con esta actividade dase por concluído o programa de Nadal na localidade, que se abriu o 1 de decembro e que contou con festivais, actuacións, teatro e moitas outras actividades.