Meira suspende a cabalgata do día 5

TerraChaXa
Debido á situación da pandemia que se está a vivir, o Concello de Meira decidiu suspender a celebración da Cabalgata de Reis.
reis magos
26 Dec 2021

Debido á situación da pandemia que se está a vivir, o Concello de Meira decidiu suspender a celebración da Cabalgata de Reis prevista para o día 5 de xaneiro.

Esta suspensión únese ás xa realizadas por parte da Confraría de Meira, que decidiu anular a chocolatada prevista para o día 22 no Convento, e a representación do Belén vivente na igrexa de Meira, que se ía celebrar os días 25 de decembro e 6 de xaneiro.

O Concello, que xa tiña preparadas as carrozas para o desfile descidiu suspender esta actividade tan tradicional, que non se fixo o ano pasado, "por responsabilidade", dixo o concelleiro Agustín Méndez. O que si fará o Concello será achegarlle os agasallos aos pequenos ás súas casas.

Hoxe toca feira de novo en Meira e, pola tarde, ás 20.30 horas, terá lugar o concerto de Nadal, a cargo da Banda de Música de Meira na propia igrexa.

Meira tamén ten previsto celebrar celebrará o fin de ano o día 31, ás 12.00 horas, con badaladas na praza do Concello e animación musical. Pero esta actuación manterase en función da evolución da situación.

Rematará o programa o día 8, sábado, cun concerto do grupo de gaitas e acordeóns da ESMU de Muimenta, tamén na igrexa, ás 20.30 horas.

programa nadal meira
0.1496410369873