Meira tamén terá campamento de verán no mes de agosto

TerraChaXa
O Concello de Meira organizan un campamento de verán na localidade durante o mes de agosto dirixido a menores de 3 a 12 anos.
campamento veran meira agosto portada
18 Xul 2023

O Concello de Meira organiza tamén un campamento de verán na localidade durante o mes de agosto dirixido a menores de 3 a 12 anos.

As actividades, que se desenvolverán de luns a venres, están fixadas en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, desde o 1 ao 31 de agosto. Os participantes poderán gozar de xogos de animación, mesa ou tradicionais, talleres, piscina, excursións, multideporte, busca do tesouro, etc.

As persoas interesadas en sumarse ás actividades de verán poden solicitar máis información ou inscribirse enviando un whatsapp ao número 629 302 039 antes do venres 21 de xullo.

O prezo é de 90 euros por quincena, 140 por mes e 125 por irmáns. A semana solta custa 50 euros.

campamento veran meira agosto
0.14922595024109