Meira volverá celebrar o entroido presencial o día 28 cun concurso
O Concello de Meira volverá celebrar este ano o Entroido de forma virtual, tal e como explicou o concelleiro de Cultura, "xa que hai permiso das administracións para facelo" e despois do parón do ano pasado.
Así, a vila volverá contar co seu popular concurso de disfraces na tarde do luns, 28 de febreiro. A celebración terá lugar no pavillón municipal e falta aínda confirmar hora de inicio.
O concurso de disfraces contará un ano máis con 1.000 euros en premios. Así, as tres primeiras comparsas recibirán 300, 150, 100, 60 e 40 euros respecticamente. Por parellas haberá 120, 90, 70, 50 e 30 euros en premios. En individual os premios serán de 110, 70, 50, 40 e 30 euros.
A entrega de premios terá lugar o mesmo día da Festa do Entroido amenizada por unha actuación musical.
As bases para o concurso publicaranse en breve, segundo anunciaron dende o Concello.