Meira volveu reunir ao estudantado para a carreira solidaria por Avelino Díaz
Meira acolleu a celebración da terceira edición da Carreira Solidaria Unhas letras para Avelino, na que se reivindica que se dedique un Día das Letras Galegas ao Poeta Avelino Díaz, nacido na Órrea (Riotorto) pero que pasou boa parte da súa nenez en Meira.
Neste evento participou alumnado, persoal e comunidade educativa do IES Fonmiñá da Pastoriza e do noso IES Pedregal de Irimia, organizador do evento. Cada participante xunto coa súa inscrición aportou un quilogramo de comida non perecedoira que foi doada a Cáritas Parroquial de Meira.
Repartíronse seis premios por curso, tres masculinos e tres femininos, na ESO, e seis na categoría de segundo de BAC e adultos, que competiron xuntos. Tamén houbo un gañador en 1º de BAC e dúas mulleres no mesmo curso.
O obxectivo da mesma era facer a reivindicación para o poeta polo que varios participantes fixeron a proba andando e outros disfrazados.