Meira xa conta con postal gañadora do seu concurso

TerraChaXa
Pódense levar postais de balde para felicitar o Nadal cun máximo 5 por persoa
postal-ganadora-concurso-meira
8 Dec 2024

O Concello de Meira, en colaboración coas Asociacións Meiregas, puxo en marcha o primeiro Concurso de Postais de Nadal, unha iniciativa aberta a participantes de todas as idades. O obxectivo era deseñar unha postal orixinal e creativa que se converterá na felicitación oficial do Concello para estas festas.

Esta xa foi escollida, obra de Rosalía, e entregado o premio durante a inauguración da decoración de Nadal así como o acendido do alumeado no concello de Meira. Neste acto houbo un Concerto de Panxoliñas e as postais participantes quedaron expostas no local Centro.

A posta está á disposición da veciñanza na Oficina de Turismo. Pódense levar postais de balde para felicitar o Nadal cun máximo 5 por persoa.

0.16433787345886