Mellora de novo o balance provincial e Vilalba estabilízase
A provincia de Lugo rexistra hoxe un novo descenso de casos activos, 26 menos que onte e xa son 885. Este dato vén condicionado coma sempre polos 31 novos positivos e polas 58 altas das últimas 24 horas. Figuran tamén un novo falecemento. Deste xeito hai xa un acumulado de infectados de 6.351, 5.339 curados e 126 falecidos.
Descende tamén a hospitalización con 2 persoas menos nos hospitais da provincia. Mantéñense 2 na UCI e 21 no Hospital de Lugo (un menos), 3 no Hospital da Mariña (1 menos) e 3 no de Monforte (1 menos). Tamén se incorpora un paciente no Polusa de Lugo.
Por concellos, Vilalba para ter controlada a súa incidencia e ten 192 casos detectados nos últimos quince días, un menos que onte. baixa a 193 novos contaxios nas últimas 24 horas. Sobe lixeiramente en Outeiro de Rei, con 12 (1 máis que onte) e en Cospeito (que volve entrar en vixilancia con 11 casos). Castro de Rei volve baixar un caso e son 22 acumulados nas últimas dúas semanas.
Na veciña As Pontes os casos detectados nos últimos 15 días son 90 polo que se mantén a atención sobre este Concello, agora mesmo un dos poucos que quedan en máxima alerta.