Mellora significativa da covid nos concellos do occidente
As altas contiveron nesta última xornada o aumento de casos activos na provincia o contrario do que viña sucedendo nas xornadas previas. Así, hoxe hai 1.989 casos activos, 24 máis que onte (na xornada anterior foron 156).
Rexistráronse neste tempo 130 contaxios novos (onte foron 184, entre os máis altos dos últimos días). Pola contra, as altas chegaron ás 7.665, 109 máis que o martes (o día anterior foron 55). O desproporcionado número de altas foi o que moderou hoxe os datos xerais.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 9.814 casos rexistrados e 163 persoas falecidas contabilizadas na provincia aínda que hai máis que morreron noutras áreas tras seren trasladados. As últimas defuncións corresponden a unha usuaria de 83 anos da residencia da Pastoriza e a un home da de Sarria (este sen contabilizar aínda).
Continúa a preocupar a presión hospitalaria, que se reduce nun caso malia ser moi alta. A UCI mantense en 15 ingresados, 14 no Hula (algúns deles trasladados doutras áreas sanitarias), un menos, e 1 no da Mariña, que volve ter ingresados tras moitos meses. Hospitalizados en planta hai 57 persoas, 33 no hospital de Lugo (4 máis), 13 na Mariña (4 menos) e 10 en Monforte (1 menos). Súmase un novo paciente no Polusa.
Nun percorrido pola provincia, a incidencia do virus baixa moito na Mariña mentres aumenta no resto da provincia con incidencia en Vilalba na Terra Chá; Lugo, Monforte e Sarria.
POR COMARCAS
A Mariña
Mellora ostensible na Mariña coa práctica totalidade dos concellos rebaixando casos activos e incidencia.
- Brusco descenso de casos en Viveiro, que se coloca en 180, 34 menos.
- Mesma situación para Xove, que rebaixa os mesmos casos e sitúase en 41.
- Burela tamén baixa dende onte cinco casos e queda en 40.
- No Vicedo rebaixan a incidencia levemente de novo ata os 33 de hoxe.
- Cervo tamén ponse á baixa con 19 casos, tres menos.
- Ribadeo rompe a tendencia e suma dous máis ata 27.
- Foz volve subir os dous de onte e queda en 12.
- Riotorto tamén rebaixa un caso con 13 en vixilancia.
- Só Alfoz non ten casos novos nos últimos quince días.
Terra Chá
Vilalba continúa imparable no seu crecemento de casos mentres A Pastoriza segue na senda da recuperación. Tamén os concellos dos arredores manteñen unha incidencia menor pero preocupante.
- Vilalba segue á alza ata os 148 casos, 27 casos máis que onte.
- A Pastoriza baixa ata 17, con 5 casos menos.
- Outeiro de Rei mantén os 16 de onte.
- Begonte mantén os 17.
- Castro de Rei suma 2 ata 13 activos.
- Friol sobe de novo e pones con dous casos máis en 14 infectados.
- No veciño Concello das Pontes a progresión é á alza e xa son 53 os casos, 7 máis.
Centro da provincia
O municipio de Lugo é o máis castigado pola pandemia e volve experimentar un salto no crecemento constante de casos.
- Lugo conta con 382 casos, 28 casos máis que onte, o día anterior sumou 37.
- Palas de Rei segue a tendencia ao crecemento con 3 casos novos e un total de 57.
- En Monterroso rebaixan a incidencia un caso ata 10.
- E no Corgo manteñen 12.
- A zona da Montaña rexistra varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia, Cerventes e Ribeira de Piquín.
Comarca de Sarria
A vila de Sarria segue en crecemento de casos afectando a algúns dos concellos da contorna.
- Sarria conta con 157 casos activos, 5 casos máis que onte.
- O mesmo gromo de Sarria repercutiu en Láncara, que sobe 2 casos ata 22.
- Paradela mantén os 14 casos.
- Tamén volveu a atención ao Incio, que rebaixa un caso ata 10.
- Triacastela e O Páramo non teñen contaxios novos nos últimos quince días.
Ribeira Sacra
Monforte centralizada o volumen na comarca e chegando ás dúas centenas, tamén con repercusións nos municipios do arredor. Preocupa a incidencia en Quiroga, que supera os cen casos.
- A vila de Monforte contabiliza hoxe 199 casos, 8 casos máis que onte.
- Quiroga supera xa o centenar de casos con 103, 8 máis que onte.
- Chantada ten 48, de novo cinco máis que onte.
- O Saviñao é outro dos afectados con 29 casos, un máis.
- Pantón mantén os 23.
- Ribas de Sil suma un máis con 16 casos.
- Bóveda e Sober mantéñense en 12.
- Carballedo é o único Concello da contarna sen casos na última quincena.