Mellorado o vial a Brea, en Foz

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Foz mellorou o vial de Brea, na parroquia de Nois, que ata agora era o único barrio do municipio que non tiña acceso asfaltado.
20 sep 2020

O Concello de Foz mellorou o vial de Brea, na parroquia de Nois, que ata agora era o único barrio do municipio que non tiña acceso asfaltado.

O alcalde focense, Fran Cajoto, supervisou a obra e explicou que “unha das preocupacións cando tomamos posesión o novo equipo de goberno era o déficit de infraestruturas, tanto no núcleo urbano como no resto do concello. Neste sentido aínda quedaba ata agora un barrio illado no noso municipio, un núcleo que soamente tiña acceso rodado a través dunha pista de zahorra, o cal é impensable en pleno século XXI. É un lugar con familias vivindo alí, unha en concreto con nenos pequenos, e esta situación do camiño supoñía un grave problema, sobre todo durante o inverno, porque era difícil poder baixar e levar aos nenos á escola”.

O rexedor municipal engadiu que “grazas ao apoio da Deputación de Lugo, concretamente do equipo de maquinaria, estamos procedendo a facer un rego asfáltico, cun dobre tratamento superficial, o que permite un acceso rodado en condicións ao barrio de Brea, en Nois, que a partir de hoxe xa non se atopará illado e estará conectado ao resto do concello”.

0.19959306716919