Mellorados varios viais na parroquia de San Simón da Costa
A parroquia de San Simón da Costas conta con unha mellora e renovación de varios viais segundo informou o vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais Modesto Renda.
Os traballos realizáronse nos viais municipais que lle dan acceso aos barrios da Besta de Arriba, Racamonde e Vilardebín e o obxecto dos mesmos foi a limpeza de noiros e tubaxes; a mellora tamén do drenaxe mediante a colocación de tubaxes adicionais; o recargo e nivelación das capas base, mediante zahorra, macadam ou gravillón donde foi preciso e a pavimentación mediante dobre ou triplo rego asfáltico en toda a superficie.
Renda, que contrastou coa veciñanza da parroquia o antes, durante e despois da actuación, lembrou a "necesidade de dar total prioridade dende a Área de Infraestruturas Rurais á necesaria conservación , mantemento e mellora da rede viaria municipal e dar, así, cumprida resposta á principal demanda dos veciños/as do rural vilalbés".