Mellorarán a eficiencia enerxética en colexios da Pastoriza e Riotorto

TerraChaXa
A Xunta mellorará a eficiencia enerxética de 28 centros de saúde de Galicia, repartidos polas catro provincias galegas, co fin de reducir os custos enerxéticos e apostar pola mellora ambiental, repercutindo tamén na calidade de vida dos cidadáns.
16 Xul 2020

A Xunta mellorará a eficiencia enerxética de 28 centros de saúde de Galicia, repartidos polas catro provincias galegas, co fin de reducir os custos enerxéticos e apostar pola mellora ambiental, repercutindo tamén na calidade de vida dos cidadáns.

Para iso, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Servizo Galego de Saúde asinarán un acordo marco, que permitirá a instalación de caldeiras de biomasa e de aerotermia nestes centros de saúde emprazados nas áreas sanitarias da Coruña e Cee, Ferrol, Santiago de Compostela e Barbanza, Lugo -A Mariña e Monforte de Lemos-, Ourense - Verín e O Barco de Valdeorras- e Vigo da Consellería de Sanidade.

No relativo á provincia investirán en 5 centros, dos cales dous pertencen á Terra Chá, o de Pastoriza para substituír o gasóleo, cunha obra na que investirán 45.000 euros, e en Riotorto tamén substituirán o propano cun investimento de 45.000 euros.

A Administración autonómica investirá un total de 2,5 millóns de euros, a través de fondos Feder, neste proxecto (1,5M millóns de euros) e no desenvolvemento dun plan de district heating con biomasa no complexo educativo da Xunqueira de Pontevedra (1 millóns de euros).

Para levar a cabo a instalación das caldeiras, priorizouse aqueles centros de saúde que contan na actualidade co uso de gasóleo, propano e acumuladores eléctricos.

A Xunta aposta polas enerxías renovables para reducir os custos enerxéticos das empresas, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas, podendo dedicar os seus recursos económicos a outros fins. Así mesmo, a mellora ambiental repercute tamén na calidade de vida da sociedade.

As distintas axudas que se van activar no eido das enerxías renovables e da eficiencia están aliñadas coas Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020, a través das cales se busca mellorar a calidade de vida dos galegos –mediante o abaratamento dos custos e o aumento da calidade da subministración– e a competitividade do tecido empresarial, apostando pola eficiencia e a potenciación das enerxías renovables de carácter autóctono. Tamén vai en liña da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enexía 2050.

Do que se trata, en definitiva, é de apostar polo respecto medioambiental e de favorecer entre familias, empresas, entidades e administracións a cultura do aforro enerxético e o fomento das enerxías renovables, aproveitando os nosos recursos.

0.19371390342712