Mercedes Peón presenta o seu novo espectáculo este sábado en Vilalba

TerraChaXa
Mercedes Peón presenta ‘Ingrávida’ este sábado, 2 de abril, en Vilalba . Será no Auditorio Municipal de Vilalba están dispoñibles as entradas
as life burns buril
31 Mar 2022

O auditorio municipal Carmen Estévez de Vilalba acollerá este sábado, 2 de abril, a estrea de ‘Ingrávida’, o novo espectáculo de Mercedes Peón. Con el, a creadora coruñesa celebrará dúas décadas do lanzamento de ‘Isué’, o seu primeiro disco en solitario, un álbum que marcou un fito na música galega e que supuxo un punto de inflexión no xeito de entender e compartir a creación colectiva no país.

‘Ingrávida’ é, en palabras da propia Mercedes Peón, “unha festa musical, unha celebración do que son, das emocións que me trouxeron ata aquí”. Con esta proposta escénica, a música compartirá co público os lugares emocionais e políticos que percorreu ao longo de dúas décadas como compositora e sobre os escenarios. A toma de conciencia do lugar no que habita, a consciencia da fraxilidade da autoestima cultural, o feminismo, o amor, os encontros das diversidades ou as singulares lingüísticas da fala serán algúns dos espazos que Mercedes Peón percorra en ‘Ingrávida’.

Durante a celebración, a compositora transitará polo universo creativo que hai entre os cinco discos que unen a ‘Isué’ con ‘Deixaas’: relacionará e expandirá os puntos de encontro entre o acústico e as sonoridades electrónicas, moverase desde a potencia vocal da raíz para aterrar en texturas máis contemporáneas. Desde a creación máis artesanal até a vangarda electrónica, ‘Ingrávida’ é o descubrimento do que provocou a experimentación e investigación de Mercedes Peón na súa discografía e nos seus máis de 25 anos de recollidas: a procura do transo co seu propio corpo a través das músicas de creación colectiva.

Na presentación de ‘Ingrávida’, Mercedes Peón acompañarase de diferentes creadoras galegas, como é o caso de Caamaño & Ameixeiras, Mónica de Nut, Ana Fernández, Gisela Sanmartín con Xirifeiras, Mar Suárez con Raigañas, Icía Varela, Laura González, Laura Garrido e Yolanda Allegue. A proposta escénica, dirixida pola propia Peón, contará co labor de Laura Iturralde na iluminación (con quen xa traballou en ‘Osmose’). As entradas para gozar da estrea do espectáculo, que comezará ás 20.00 horas, están dispoñibles no espazo web www.entradasvilalba.es

0.18502902984619