Mero volve gañar o certame de poesía do belén de Begonte
Reunido o xurado do XLVI Certame Nacional de Poesía de Nadal, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, acordou conceder o primeiro premio, dotado con 600 euros e estatuíña de Sargadelos ao poema Eran tempos de Nadal, era e foi hai moito tempo! do que resultou ser autor Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero, residente en Xanceda-Mesia, A Coruña.
O segundo premio, dotado con 300 euros e estatuíña de Sargadelos foi para o poema O neno valuro, presentado por Xosé Otero Canto, de Lugo.
Pola calidade dos traballos presentados, acordouse conceder cadansúa mención de honra, dotada con estatuiña de Sargadelos aos poemas Un río e unha pregaria, presentado por Carlos López Fernández, residente en Vilalba e O Belén de Begonte, de Xoán Xosé Fernández Abella, residente en Teo (A Coruña).
O xurado estivo formado por Jesús Domínguez Guizán, presidente do centro convocante; Xavier Rodríguez Barrio, escritor e Xulio Xiz Ramil, xornalista.
Le neste enlace o primeiro premio.
Le neste enlace o segundo premio.
Le neste enlace o poema de Carlos López.
Le neste enlace o poema de Xoán Xosé Fernández.