Mestura de Nete dedicará o festival solidario do sábado aos afectados pola DANA de Valencia

TerraChaXa
Ademais, as persoas que queiran colaborar poden participar na rifa solidaria por tan só 1 euro, coa posibilidade de gañar uns zocos de home, uns zocos de muller, un baleirapetos ou uns calcetíns
festival-benefico-mestura-nete
9 May 2025

O auditorio de Vilalba acollerá o VI Festival Benéfico de Mestura de Nete este sábado 10 de maio, ás 20:30 horas, cun claro obxectivo solidario: axudar ás persoas afectadas pola DANA en Valencia. O evento está organizado pola asociación veciñal de Nete e a Asociación Cultural Mestura de Nete, e conta coa colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Vilalba e outras entidades locais.

O prezo da entrada será de 5 euros e o importe recadado destinarase integramente ás persoas damnificadas por este fenómeno meteorolóxico extremo. As entradas xa se poden mercar en varios puntos: en Nete, aos membros da AA.VV.; en Vilalba, na Casa da Cultura, Foto Puriños, Foto Amador, As Nubes Moda, Neumáticos Fernando e Seguros Loli Dorado; en Cospeito, na Perruquería Goyla; e en Lugo, nas Máquinas de Coser Eladio Bello.

Ademais, as persoas que queiran colaborar poden participar na rifa solidaria por tan só 1 euro, coa posibilidade de gañar uns zocos de home, uns zocos de muller, un baleirapetos ou uns calcetíns, todo doado pola firma Eferro para este evento.

Todo o recadado será entregado directamente a persoas afectadas pola DANA que o precisan. A organización agradece profundamente a solidariedade e xenerosidade de todas as persoas que participan e colaboran neste acto benéfico.

⚙ Configurar cookies
0.16126394271851