Mestura de Nete recada máis de catro mil euros no festival solidario para Alucem

TerraChaXa
Os cartos irán dirixidos a crear un servizo de atención a enfermos de esclerose na propia vila
festival-solidario-mestura-de-nete
Un momento do festival solidario de Mestura de Nete
27 May 2024

O festival solidario que Mestura de Nete celebra todos os anos recadou nesta edición un total de 4.300 euros, que irán destinados a Alucem, Asociación Lucense de Esclerose Múltiple.

Este colectivo cultural celebra todos os anos este festival musical con fines solidarios e en cada ocasión o recadado vai dirixido a unha asociación. Os cartos proceden das practicamente 300 entradas vendidas, algunhas delas en fila 0 e do reparto de rifas.

Segundo confirmou Alucem, cos cartos recadados a asociación ten previsto iniciar un servizo de atención a enfermos de esclerose múltiple ou outras neurodexenerativas afíns na propia vila "para que non teñan que desprazarse ata Lugo".

Polo escenario do auditorio vilalbés desfilaron para o desfrute do público os diferentes grupos musicais do colectivo, procedentes das escolas, ademais do principal.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17679190635681