Miguel Alvariño lidera o proceso selectivo en tiro con arco para as citas internacionais

TerraChaXa
O seteiro pontés Miguel Alvariño rematou a primeira das citas do proceso selectivo para a selección española de arco recurvo en primeiro lugar tras unha actuación na que tamén participou Daniel Castro, celebrada no campo de tiro San Sebastián de Madrid.
18 Xan 2023

A cita estivo dominada, do mesmo xeito que no pasado exercicio, polo subcampión da Copa do Mundo, Miguel Alvariño. O das Pontes, primeiro español en escalar ata o número un da clasificación mundial, finalizou as tiradas cun total de 116 puntos, avantaxando en 20 a Javier Mérida e en 27 ao seu compañeiro da selección absoluta Pablo Acha.

Pola súa banda, o outro pontés, Daniel Castro, quedou un pouco máis atrás, no sétimo lugar entre os doce participantes. A finais deste mes finalizará esta segunda fase, tras a que quedarán fóra os catro últimos, iniciando a terceira –conformada por tres probas– un total de oito tiradores

A primeira posición é a que dá o pasaporte para a disputa das diferentes citas internacionais –Copa do Mundo, Xogos Europeos e Campionato de Europa–.

0.19125509262085