Miguel Alvariño logra o récord de España en puntos nun clasificatorio

TerraChaXa
O pontés Miguel Alvariño logrou bater o récord de España ao acadar os 692 puntos nunha das serie de 2x70 metros en Madrid.
RECORD PLUSMARCA ARCO MADRID PORTADA
17 Feb 2022

O pontés Miguel Alvariño logrou bater o récord de España ao acadar os 692 puntos nunha das serie de 2x70 metros en Madrid, no primeiro clasificatorio para o equipo nacional deste ano.

O pontés superou en tres puntos a anterior plusmarca nacional de arco recurvo masculino, que tiña Pablo Acha, compañeiro de seleccions nas últimas tempadas, e que firmara 689 puntos.

Alvariño amosa así un bo estado de forma para continuar coas competicións tras unha tempada, a dos xogos olímpicos de Tokio, na que os resultados foron máis discretos do esperado.

"Cando tes paixón polo que feixes, rodéasche de xente que che quere e achega ao teu crecemento deportivo, todas as pezas do quebracabezas encaixan á perfección. Sei que isto non será o único nin o último que lograremos xuntos, aínda nos queda moito que gozar!", dixo Alvariño.

Afirmou sentirse "moi afortunado do equipo/familia que teño día a día ao meu lado, buscando a mellora constante, aprendendo cada día para que eu poida render ao máximo. Isto non sería posible sen o voso apoio incondicional. Eternamente agradecido".

O deportista potén agradeceu o apoio dos seus seguidores e patrocinadores, "sen vós non tería a oportunidade de seguir rendendo ao máximo nivel".

Miguel Alvariño ten unha nova cita coa competición de novo en Mariña d´Or, Oropesa do Mar esta fin de semana no Campionato de Epsaña Absoluto de Arco Recurvo en Sala.

0.099975109100342