Miguel Alvariño proclámase campión de Europa de tiro con arco

TerraChaXa
O deportista das Pontes Miguel Alvariño colgouse a medalla de ouro tras gañar a final do Campionato de Europa, que se celebrou en Múnic.
miguel alvarino tiro con arco
14 Xuño 2022

O deportista das Pontes Miguel Alvariño colgouse unha nova medalla de ouro tras gañar a final do Campionato de Europa, que se celebrou en Múnic, cun triplo dez no último set. Ademais, levou unha medalla de prata por equipos.

O seteiro galego está nun gran estado de forma, que confirma co seu gran palmarés: este novo título logrouno despois gañarse en individual unha medalla de ouro e outra de bronce nas dúas últimas Copa do Mundo, disputadas en Turquía e Corea do Sur.

Co título europeo, Alvariño subirá postos no ranking mundial. Actualmente é cuarto, curiosamente tras o turco Mete Gagoz, campión olímpico que arrebatou a medalla de bronce ao tamén pontés Dani Castro —prata por equipos—.

Os arqueiros ponteses porán rumbo á terceira Copa do Mundo, en París, o próximo domingo, desde onde se desprazarán a Alxeria para competir nos Xogos do Mediterráneo. E quedaría por diante a cuarta Copa do Mundo, que se disputará en Colombia. Alvariño, ao ser gañador dunha cita mundial, ten a súa praza asegurada na final, que terá lugar en México en outubro.

0.13978385925293