Miguelanxo Lar presenta a súa novela en Friol

TerraChaXa
A asociación de Friol Carballo Vivo presenta o vindeiro xoves 20 a novela de Miguelanxo Lar.
117393939_1308106602729171_638442465854150636_o
17 Ago 2020

A asociación de Friol Carballo Vivo presenta o vindeiro xoves 20 a novela de Miguelanxo Lar.

A presentación será ás 17.00 horas no parque de Rosalí de Castro, o antigo campo da feira de Friol.

Esta obra titulada Mare Vostrum, trata sobre Nico que goza dunha vida desafogada en Roma e Judit nai dun bebé que exerce de cardióloga en Lisboa. Pero todo dará un xiro cando Marc, quen, despois de vender a editorial familiar, tenta saír inmerso nunha perigosa deriva que requerirá da intervención de Nico e Judit.

Mare Vostrum é a segunda novela dunha serie que comeza en 2018 con Latinoeuropa, e que pretende abordar conflitos dunha xeración marcada pola crise económica e os acontecementos políticos da segunda década deste século.

117393939_1308106602729171_638442465854150636_o
0.10881304740906