Militares da Brilat realizaron unha desinfección na residencia de maiores de Foz

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
19 Abr 2020

Efectivos da brigada do Exército Brilat desprazáronse a Foz hoxe, domingo, para realizar un desinfección no interior e no exterior da residencia de maiores focense.

O alcalde, Fran Cajoto, explicou que “é a segunda desinfección completa que se fai neste centro, despois da encargada polo Concello a unha empresa homologada. Temos que agradecer a gran implicación que está tendo a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, durante a xestión da crise do COVID-19”.

0.17824506759644