Miñones confirma o peche da planta de Endesa nas Pontes

TerraChaXa
Miñones confirmou que Endesa recibirá en breve o permiso de peche da súa planta térmica das Pontes aínda que non quixo concretar os prazos.
termica as pontes endesa
24 Xuño 2022

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, confirmou que Endesa recibirá en breve o permiso definitivo de peche da súa planta térmica das Pontes aínda que non quixo concretar os prazos do cesamento definitivo da actividade na central.

O delegado sinalou que a partir dese momento comezará o proceso de desmantelamento das instalacións e destacou que eses traballos xerarán tamén emprego na zona. En principio, as tarefas de desmantelamento poderíanse prolongar durante un período de cinco anos.

Miñones asegurou que hai un continuo contacto do Instituto de Transición Ecolóxica cos axentes implicados e o Concello das Pontes e valorou que, ao mesmo tempo, trabállase no marco do Plan de Transición para impulsar proxectos alternativos que se poidan instalar nas Pontes.

0.18415689468384