Miraz e Guldriz, en Friol, están de festa
TerraChaXa | LugoXa
As localidades de Friol Miraz e Guldriz están de festa na honra a Santiago Apóstolo e no primeiro tamén á Virxe do Carme.
19 Xul 2023
As localidades de Friol Miraz e Guldriz están de festa na honra a Santiago Apóstolo.
En Miraz, que dan comezo o sábado, tamén son na honra á Virxe do Carme. Terán misa solemne ás 13.30 horas con actuación en sesión vermú e verbena de Tapyoka. Pola noite tamén estará Tania Veiras.
O domingo repetirán oficio relixioso e a orquestra Los Españoles farase cargo da dúas sesións musicais da xornada.
En Guldriz as festas darán comezo o luns 24 cunha churrascada amenizada polo grupo Fénix. O martes 25 comezarán cunha misa solemne ás 13.15 horas mentres que a orquestra Dinastía fará dobrete de actuación. O mércores 26 repetirán oficio relixioso á mesma hora e será J.B. son o que se encargará de amenizar a sesión vermú e despois a verbena