Miraz (Friol) prepárase para celebrar as festas na honra a Santiago Apóstolo e á Virxe do Carme

LugoXa | TerraChaXa
O programa arrinca o sábado 26, cunha misa ás 13:30 horas, seguida da tradicional sesión vermú
banderines-festas-patronais
25 Jul 2025

A parroquia de Miraz, no concello de Friol, vivirá dúas intensas xornadas festivas os días 26 e 27 de xullo, na honra a Santiago Apóstolo e á Virxe do Carme.

O programa arrinca o sábado 26, cunha misa ás 13:30 horas, seguida da tradicional sesión vermú, festa e verbena a cargo da orquestra La Florida Band. Pola noite, a música continuará coa actuación do dúo Vivaron, que promete manter o ambiente animado ata altas horas.

O domingo 27, repetirase o esquema con misa ás 13:30 horas, sesión vermú, festa e verbena, nesta ocasión co ritmo da orquestra Ritmo Joven, que porá o broche final ás celebracións.

As festas están organizadas en colaboración con Espectáculos Miguel, garantindo unha fin de semana chea de música, tradición e diversión para veciños e visitantes.

⚙ Configurar cookies
0.15755701065063