Misa, xantar e baile en Xermade na XIV Festa dos Maiores
TerraChaXa
O Concello de Xermade convida ás persoas maiores do municipio á décimo cuarta edición da súa festa que se desenvolverá o vindeiro venres 1 de setembro o pavillón municipal.
17 Ago 2017
O Concello de Xermade convida ás persoas maiores do municipio á décimo cuarta edición da súa festa que se desenvolverá o vindeiro venres 1 de setembro o pavillón municipal.
Os actos darán comezo á unha do mediodía cunha misa na igrexa parroquial de Xermade para deixar paso ao xantar de confraternidade que se servirá no polideportivo a base de xamón cocido, polbo, churrasco, sobremesa, café e bebidas.
Ao seu remate, arredor das catro da tarde, está previso o recoñecemento á muller e ao home de maior idade entre os asistentes. E, despois das cinco, haberá baile.
Os interesados e interesadas en participar poden inscribirse por 13 euros contactando co Concello ata o martes 29 de agosto.