Modesto Renda retoma as reunións coas parroquias
“Escoitar á veciñanza parroquia a parroquia, explicar as actuacións previstas para este ano, expoñer o diñeiro co que conta o Concello e que sexan os veciños/as os decidan as vindeiras”. Así resumiu o vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, o proceso de “escoita permanente” que hoxe retoma en Sancovade.
Unha iniciativa pioneira, que camiñará paralela á da continuada execución das máis de 30 obras comprometidas no conxunto do rural vilalbés e que supón o cumprimento dunha das medidas que con máis forza defendeu na pasada campaña electoral: “Queremos gobernar escoitando e o meu obxectivo como responsable de infraestruturas rurais será facer xustiza en materia de investimentos coas parroquias”.
Así e, logo das iniciais de Nete e Distriz, a nova reunión terá lugar hoxe na Escola da Frouxeira (21:00h) e a esta seguiranlle outras dez xa apalabradas a anunciar en vindeiras datas.