Modesto Renda reúnese cos veciños de Boizán este venres

TerraChaXa
O obxectivo da reunión é explicar e contrastar con eles as posibles actuacións do Concello na parroquia e recoller todas as súas demandas e suxestións
reunion-coas-parroquias-en-boizan
22 Out 2024

O tenente de alcalde e responsable de Infraestruturas Rurais, Modesto Renda, convoca ós veciños e veciñas da parroquia de Boizán a unha reunión na Casa da Escola.

O obxectivo da mesma é explicar e contrastar con eles as posibles actuacións do Concello na parroquia e recoller todas as súas demandas e suxestións.

A reunión será este venres 25 de outubro ás 20:30 horas na Escola.

0.058400869369507