Modesto Renda reúnese cos veciños de Codesido para recoller demandas e propostas de mellora

O responsable de Infraestruturas Rurais de Vilalba, Modesto Renda, convoca aos veciños e veciñas da parroquia de Codesido a unha reunión que terá lugar na escola este venres, 23 de maio, ás 21:00 horas. O obxectivo do encontro é explicar as posibles actuacións que o Concello prevé levar a cabo na parroquia e abrir un espazo de diálogo para recoller as demandas e suxestións da comunidade.
Este encontro forma parte da iniciativa "Parroquia a Parroquia", unha serie de reunións impulsadas pola Vicealcaldía para gobernar escoitando as necesidades reais de cada parroquia de Vilalba.