Modesto Renda reúnese cos veciños de Distriz para recoller demandas e propostas de mellora

TerraChaXa
Convoca á veciñanza este venres para dialogar sobre actuacións no barrio
foto-modesto-renda-vilalba-aberta
9 Oct 2025

O responsable de Infraestruturas Rurais de Vilalba, Modesto Renda, convoca aos veciños e veciñas de Distriz a unha reunión que terá lugar na Casa da Cultura este venres, 10 de outubro, ás 20:30 horas. O obxectivo do encontro é explicar as posibles actuacións que o Concello prevé levar a cabo e abrir un espazo de diálogo para recoller as demandas e suxestións da comunidade.

Este encontro forma parte da iniciativa "Rúa por rúa", unha serie de reunións impulsadas pola Vicealcaldía para gobernar escoitando as necesidades reais de cada zona de Vilalba.

0.32962894439697