Modesto Renda reúnese cos veciños de Román para recoller demandas e propostas de mellora

TerraChaXa
Convoca á veciñanza este domingo para dialogar sobre actuacións na parroquia
foto-modesto-renda-vilalba-aberta
22 Feb 2025

O responsable de Infraestruturas Rurais, Modesto Renda, convoca aos veciños e veciñas da parroquia de Román a unha reunión que terá lugar na escola este domingo, 23 de febreiro, ás 12:30 horas. O obxectivo do encontro é explicar as posibles actuacións que o Concello prevé levar a cabo na parroquia e abrir un espazo de diálogo para recoller as demandas e suxestións da comunidade.

Este encontro forma parte da iniciativa "Parroquia a Parroquia", unha serie de reunións impulsadas pola Vicealcaldía para gobernar escoitando as necesidades reais de cada parroquia de Vilalba.

⚙ Configurar cookies
0.18653082847595