Modesto Renda reúnese cos veciños de Santaballa para recoller demandas e propostas de mellora

O responsable de Infraestruturas Rurais de Vilalba, Modesto Renda, convoca aos veciños e veciñas da parroquia de Santaballa a unha reunión que terá lugar na Liga Santaballesa este venres, 13 de xuño, ás 21:00 horas. O obxectivo do encontro é explicar as posibles actuacións que o Concello prevé levar a cabo na parroquia e abrir un espazo de diálogo para recoller as demandas e suxestións da comunidade.
Este encontro forma parte da iniciativa "Parroquia a Parroquia", unha serie de reunións impulsadas pola Vicealcaldía para gobernar escoitando as necesidades reais de cada parroquia de Vilalba.