Modesto Renda reúnese cos veciños do centro para recoller demandas e propostas de mellora

TerraChaXa
Convoca á veciñanza este mércores para dialogar sobre actuacións no barrio
foto-modesto-renda-vilalba-aberta
22 Jul 2025

O responsable de Infraestruturas Rurais de Vilalba, Modesto Renda, convoca aos veciños e veciñas do centro histórico da vila a unha reunión que terá lugar na Casa da Cultura este mércores, 23 de xullo, ás 20:00 horas. O obxectivo do encontro é explicar as posibles actuacións que o Concello prevé levar a cabo e abrir un espazo de diálogo para recoller as demandas e suxestións da comunidade.

Este encontro forma parte da iniciativa "Rúa por rúa", unha serie de reunións impulsadas pola Vicealcaldía para gobernar escoitando as necesidades reais de cada zona de Vilalba.

0.11802101135254