Modesto Renda visita Mourence no seu percorrido polas parroquias

“Escoitar á veciñanza parroquia a parroquia, explicar e contrastar as actuacións previstas para este ano, e así como recoller as súas demandas”. Así resumiu o tenente de alcalde de Vilalba, Modesto Renda, o proceso de “escoita permanente” que este venres continúa en Mourence.
Unha iniciativa pioneira, que camiña paralela á da continuada execución de obras comprometidas no conxunto do rural vilalbés e que supón o cumprimento dunha das medidas que con máis forza defendeu na pasada campaña electoral: “Queremos gobernar escoitando e o meu obxectivo como responsable de infraestruturas rurais será facer xustiza en materia de investimentos coas parroquias”.
Así, a nova reunión terá lugar este venres 6 na Escola da parroquia as 20.30 horas.