Moexmu prepara en Muimenta os concursos de abril e move a poxa ao domingo

TerraChaXa
A organización reuniuse en Muimenta con gandeiros e entidades para pechar detalles da cita dos días 10, 11 e 12 de abril
MOEXMU muimenta reunion 8 novembro
10 Nov 2025

A comisión organizadora da Moexmu celebrou en Muimenta unha xuntanza de traballo coa participación de gandeiros e gandeiras inscritos no concurso previsto para os vindeiros 10, 11 e 12 de abril. Ao encontro acudiron tamén representantes de Africor Lugo, do Concello de Cospeito, de Xenética Fontao e a conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, María José Gómez.

Na reunión abordáronse cuestións técnicas do concurso autonómico, que se celebrará por segunda vez na provincia de Lugo (en Muimenta xa tivo lugar en 2022). A organización decidiu fixar a poxa de gando para o domingo 12 na xornada de mañá, xa que o sábado dedicarase integramente ao concurso autonómico.

⚙ Configurar cookies
0.070605993270874