Momán celebra as Festas na honra a San Antón o sábado 7 de xuño

TerraChaXa
A verbena do sábado estará a cargo da orquestra Supertop e o dúo Eclipse
programa-festas-moman
3 Jun 2025

A parroquia de Momán, no concello de Xermade, prepárase para celebrar as tradicionais festas na honra a San Antón o vindeiro sábado 7 de xuño de 2025. A xornada estará organizada pola Sociedade Cultural e Recreativa de Momán e promete ser unha cita destacada no calendario festivo da comarca.

Os actos comezarán ás 13:30 horas cunha misa solemne cantada polo coro da UNED Sénior de Momán. A continuación, terá lugar a tradicional procesión e a sesión vermú estará amenizada pola orquestra Supertop.

Xa pola noite, o campo da festa converterase nun auténtico punto de encontro para veciños e visitantes coa celebración dunha gran verbena a cargo da orquestra Supertop e o dúo Eclipse.

A organización agradece a colaboración de todos os patrocinadores e informa de que, en caso de choiva, o recinto estará cuberto cunha carpa para garantir o desenvolvemento da festa sen contratempos.

⚙ Configurar cookies
0.16322088241577