Momán celebra as súas festas patronais os días 23, 24 e 25 de agosto
A parroquia de Momán, en Xermade, celebra as súas festas patronais na honra de San Mamed e San Bartolo os días 23, 24 e 25 de agosto.
A celebración dará comezo o venres 23, ás 21:30 horas, cunha desgustación de liscos e chourizos de balde para todos os veciños, e haberá música a cargo de Suso de Doente e os seus teclados.
O sábado 24 haberá a tradicional misa solemne ás 13:30 horas que este ano estará cantada polo coro da Uned Sénior de Momán, á que seguirá a sesion vermú coa orquestra Los Trovadores. Pola noite, este mesmo grupo se ocupará da verbena xunto a Anhta.
O domingo 25 a festa dará comezo novamente co oficio relixioso cantado polo coro, ao que seguirá a sesión vermú e a verbena da que se fará cargo La Ola.
Como cada ano, os veciños recaudaron fondos cunha paellada o primeiro domingo de maio.