Momán celebra este sábado a Festa da Paella

TerraChaXa
A parroquia de Momán, en Xermade, celebra este sábado, 6 de maio, a XII edición da Festa da Paella con música, tute e sorteo de agasallos
festa paella moman xermade portada
3 Maio 2023

A parroquia de Momán, en Xermade, celebra este sábado, 6 de maio, a XII edición da Festa da Paella, logo da súa recuperación o ano pasado.

A celebración volve ao grande cun xantar ás 14.30 horas no campo da feira, no que poderá degustarse, ademais da consabida paella, empanada, carne ao caldeiro, viño, refrescos, postre, café e licores.

O xantar ten un prezo de 30 euros aínda que os nenos de entre 6 e 12 anos pagarán 15 euros e os menores desa idade nada. A organización lembra que haberá que reservar mesa para grupos de máis de 6 persoas.

Ademais do xantar, tamén haberá unha competición de tute, sorteo de agasallos e o Dúo D'Festa porá a nota musical a unha xornada que organzia a Sociedade Cultural e Recreativa de Momán.

Engádese ao programa a saída da ruta de coches clásicos a partir das 10.30 horas desde o restaurante Tino. Tamén celebrarán unha misa na capela de San Antonio ás 13.30 horas.

festa paella moman xermade
0.10100698471069