Momán celebra este sábado a Festa da Paella

TerraChaXa
A parroquia de Momán, en Xermade, celebra este sábado, 6 de maio, a XII edición da Festa da Paella con música, tute e sorteo de agasallos
29 Abr 2024

A parroquia de Momán, en Xermade, celebra este sábado, 4 de maio, a XIII edición da Festa da Paella.

A sesión dará comezo ás 13.30 horas coa misa solemne na Capela de San Antón pero o acto central será o xantar ás 14.30 horas no campo da feira, no que poderá degustarse, ademais da consabida paella, xamón cocido, tenreira asada, viño, refrescos, sobremesa, café e licores.

O xantar ten un prezo de 30 euros aínda que os nenos de entre 6 e 12 anos pagarán 15 euros e os menores desa idade nada. A organización lembra que haberá que reservar mesa para grupos de máis de 6 persoas.

Ademais do xantar, tamén haberá unha competición de tute, sorteo de agasallos e Javi Show, en xornada vermú e festa pola tarde, porá a nota musical a unha xornada que organiza a Sociedade Cultural e Recreativa de Momán.

As persoas que desexen anotarse deberán facelo antes do 30 de abril cos membros da comisión ou no bares de Momán e O Paso de Candamil.

0.19816708564758