Momán celebra o sábado o seu tradicional magosto

TerraChaXa
O prazo para anotarse a esta actividade, organizada pola asociación veciñal, remata este luns
moman-magosto
17 Nov 2025

A parroquia de Momán acollerá o sábado 22 de novembro o seu XIV Magosto, unha celebración organizada pola Sociedade Recreativa Cultural de Momán e que contará cun completo programa de actividades para todos os públicos. A xornada iniciarase coa sesión vermú a cargo da solista Angie, que tamén será a encargada de amenizar o gran baile da tarde.

Durante o evento celebrarase ademais un gran campionato de tute, no que se repartirán premios entre as parellas gañadoras. A organización ten tamén previsto un sorteo de agasallos ao longo do día.

O tradicional menú do magosto incluirá xamón cocido, polbo, carrilleras con patacas, sobremesa, castañas, café con licores, pan e bebidas. O prezo da cea será de 34 euros para adultos, 17 euros para nenos e nenas de 6 a 12 anos, e será gratuíta para menores de 6 anos.

As entradas poden adquirirse no Bar Bonxu de Narón, en Seguros Liñares de Vilalba ou a través dos membros da comisión organizadora. A data límite para anotarse é este luns, 17 de novembro. O Concello de Xermade colabora na celebración.

⚙ Configurar cookies
0.069264888763428