Momán está de festas esta fin de semana

TerraChaXa
Comezarán o venres 16 con liscos e chourizos gratis
festas-en-moman
11 Aug 2024

A parroquia de Momán, en Xermade, celebra as súas festas patronais esta fin de semana na honra a San Bartolomé e San Mamed.

O venres 16 darán comezo ás 21.30 con liscos e chourizos gratis para continuar coa verbena a cargo de Discomóvil Puzzle Animación.

O sábado ás 13.30 terá lugar a misa solemne cantada polo Coro da UNED Sénior de Momán e a procesión, para continuar cunha sesión vermú a cargo de Rubí.

Xa pola noite a verbena estará a cargo das orquestras Rubí e Gran Parada.

O domingo 18 a misa será tamén ás 13.30 na que volverá a cantar o Coro da UNED para continuar cunha sesión vermú a cargo de Alabama que serán tamén os encargados de amenizar a verbena da noite.

0.16120910644531