Momán festexa a Romería dos Dolores e a Festa da Xuventude o día 19
A localidade de Momán celebrará o día 19 a tradicional Romería na Honra á Virxe dos Dolores e a Festa da Xuventude que arrancará ás 10.00 horas cunha xuntanza cabalar e a exposición de vehículos clásicos.
Non faltará o oficio relixioso ás 13.30 horas, con procesión, que rematará cunha sesión vermú a cargo de D'Vicio.
Ao mediodía terá lugar o xantar popular no que haberá mexillóns en salsa, langostinos á prancha, codillo asado con patacas, tarta de San Marcos, café e licores. A comida ten un prezo de 33 euros para adultos, 16 para rapaces de entre 6 e 12 anos (pizza e milanesa de pollo) e será de balde para os máis pequenos.
A venda de tíckets para o xantar realízase nos bares de Momán e cos membros da comisión e ten como data límite o 15 de outubro xa que o aforo está limitado.
Pola tarde haberá música coa disco móbil de Puzzle Animación, ademais do campionato de tiro á corda por equipos e a animación dun DJ con música dos anos 80.
Pola noite haberá unha liscada ás 21.30 horas con liscos, chourizo e pan de balde, antes de rematar cunha verbena, na que actuarán D'Vicio e Cinema.