Momán recupera a súa tradicional feira logo de máis de 30 anos de parón

TerraChaXa
A partir de aí, celebrarase o domingo entre o 16 e o 22 de cada mes
feira-de-moman
Cartel
15 Xul 2024

A Sociedade Recreativa e Cultural da localidade de Momán, en Xermade, organiza a súa tradicional feira desde 1756 co obxectivo de dinamizar a localidade e o mundo do rural.

O acto de inauguración da feira terá lugar o 21 de xullo ás 12.00, coa recepción de distintas autoridades, ademais de pasarrúas e sorteos. A partir de aí, celebrarase o domingo entre o 16 e o 22 de cada mes.

Prevese un mercado do máis variado, con arredor de trinta postos, desde gando ata alimentación, produtos de campo e enxoval ou roupa. Ademais, para amenizar a velada, haberá un pasarrúas e sorteos para unha degustación de polbo.

0.099737882614136