Moncelos arranca hoxe coas celebracións do Santiago

Tempo de festa en Moncelos, Abadín, que celebra o Santiago Apóstol entre hoxe, mércores e mañá, xoves.
As festas darán comezo cunha misa ás 13.30 horas, ás que seguirá unha procesión e a tradicional sesión vermú, que estará a cargo de Zona Zero, que tamén se ocupará da verbena, xunto a Kubo.
Pola tarde haberá pasarrúas a cargo do quinteto 555.
O domingo a misa, tamén ás 13.30 horas, será cantada pola Coral Polifónica de Abadín, antes da procesión e a sesión vermú, amenizada por Son de Festa, o dúo que tamén particparán na verbena, da que se encarga tamén Miramar.