Moncelos celebra as súas patronais

TerraChaXa
A celebración dará comezo o xoves 24 cunha churrascada
festas-moncelos
21 Jul 2025

Moncelos, en Abadín, estará de festa do 24 ao 27 de xullo na honra a Santa Ana e Santiago Apóstol. As festas darán comezo o xoves 24, cunha churruscada popular ás 22.00 horas no Mesón do Pico´s.

Ao día seguinte, a xornada festiva dará comezo cunha misa ás 13.30 horas, acompañada da Coral Polifónica de Abadín, continuarase cunha procesión e a tradicional sesión vermú, que estará a cargo de Fuxsion Latina, que tamén se ocupará da verbena, xunto a La Misión.

O sábado, o oficio relixioso é á mesma hora e, nesta ocasión, encargarase de amenizar a verbena e a sesión vermú da noite a orquestra Galaxia. O domingo, na sesión vermú estará como protagonista o trío Merengue.

⚙ Configurar cookies
0.69669198989868