Moncelos, en Abadín, festexa a Santiago e Santa Ana
TerraChaXa
A parroquia de Moncelos, en Abadín, estará de festa mañana e pasado na honra de Snatiago Apóstolo e Santa Ana.
24 Xul 2019
A parroquia de Moncelos, en Abadín, estará de festa mañana e pasado na honra de Snatiago Apóstolo e Santa Ana.
As celebracións darán comezo o xoves 25 ás 13.30 horas coa misa solemne seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Ceniza, que se ocupará tamén da verbena xunto a Cinema.
O venres 26 continuarán as celebracións novamente co mesmo horario de oficios relixiosos. Los Españoles será a orquestra que se ocupe pola tarde da sesión vermú e pola noite da verbena.
Para os máis pequenos haberá colchonetas gratis os dous días.