Mondoñedo acolle as Xornadas sobre recuperación de técnicas tradicionais de carpintería de madeira
O sábado 7 de decembro, a asocación Batitales organiza VI As Xornadas sobre recuperación de técnicas tradicionais, sobre o tema da carpintería de madeira.
As xornadas comezarán ás 10.15 coa presentación e coa charla sobre As carpinterías en Galicia de David Lorenzo Fouz, Enxeñeiro de Montes. Profesor Asociado EUIF Pontevedra-Universidade de Vigo.
Ás 11 será a quenda de O noso pequeno país dá madeira, estratexia esencial de construción e rehabilitación en Galicia por Anxo Panero Pardo, Arquitecto.
Despois dun descanso seguirán as charlas con Ensambles tradicionais como alternativa constructiva e anatomia dunha galería que impartirá Pablo Reboredo Canosa, Arquitecto técnico.
Ás 12.45 o ebanista Frank Buschmann falará sobre A madeira e o artesano. Do Cosmos á Terra á Árbore á Cadeira. Máis tarde tratarase Exemplos prácticos da recuperación de carpinterías de madeira de Paul van der Mel, Arquitecto.
Haberá un parón para o xantar e retomaranse as xornadas ás 16.00 horas, que comezarán cun taller a cargo de Frank Buschmann e o seu Taller de carpintería. Traballar a madeira con ferramentas tradicionais. Xa para rematar haberá un debate ás 19 horas.
A xornada é gratis e está aberta a todos os interesados. Para formalizar a inscrición haberá que cumprimentar un formulario ou podese enviar un correo electrónico a asociacionbatitales@gmail.com indicando o nome, apelidos, correo electrónico e teléfono de contacto.
Hai prazas limitadas, con preferencia para socios de Batitales.